12 de dec. de 2025

VIGO

CCOO celebrará en Vigo o 50.º aniversario das «eleccións sindicais» que dinamitaron o sindicato vertical  

 O ex secretario xeral Antonio Gutiérrez e o secretario de Protección Social e Políticas Públicas a nivel confederal, Carlos Bravo, intervirán nunha asemblea aberta o próximo mércores, 17 de decembro. O acto comezará ás 10:00 no Centro Veciñal e Cultural de Valadares



 

Unión Comarcal de CCOO de Vigo

  A Unión Comarcal de CCOO de Vigo celebrará o próximo mércores, 17 de decembro, unha asemblea aberta a toda a cidadanía para conmemorar o 50.º aniversario das «eleccións sindicais» de 1975, as últimas antes da chegada da democracia e que implicaron a implosión do sindicato vertical franquista. O acto comezará ás 10:00 no Centro Veciñal e Cultural de Valadares.  

 Na asemblea intervirán o ex secretario xeral de Comisiones Obreras entre 1987 e 2000, Antonio Gutiérrez; o secretario de Protección Social e Políticas Públicas, Carlos Bravo; a secretaria xeral de CCOO de Galicia, Amelia Pérez; e a secretaria xeral da U. C. de Vigo, Montserrat Carrera.  

 Naquelas eleccións de 1975, CCOO tivo un papel decisivo para dinamitar o sindicato vertical, ao infiltrar de maneira masiva candidatos nas listaxes para enlaces, xurados e representantes nas Unións de Técnicos e Traballadores. En concreto, na comarca de Vigo, CCOO obtivo, de facto, unha representación maioritaria, motivo polo que esta asemblea se celebra na cidade. Foi un paso chave para empurrar cara á transición democrática.

Ningún comentario:

Publicar un comentario