9 de dec. de 2025

SOCIEDADE

A Xunta de Galicia pon en valor a accesiblidade do Camiño Portugués da Costa 

 Na recepción a 50 participantes dunha iniciativa que fomenta a inclusividade


O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado pola  directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, recibiron esta tarde un grupo de 50 peregrinos
Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado pola  directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, recibiron esta tarde un grupo de 50 peregrinos que fixeron a última etapa da iniciativa ‘Camino Portugués de la Costa Verde Inclusivo’ comprendida entre a localidade de Milladoiro e Santiago de Compostela. Xosé Merelles valorou que esta sexa xa a segunda edición desta iniciativa -a primeira tivo lugar en 2021- e destacou “a accesibilidade do Camiño Portugués da Costa coma un avance para deseñar unha experiencia xacobea máis inclusiva e universal”.  

 Na experiencia participaron persoas con discapacidade intelectual, acompañadas por monitores e voluntarios pertencentes a varias asociacións con sede en Pontevedra co obxectivo de fomentar a inclusión social de persoas con discapacidade intelectual e promover a accesibilidade do itinerario para persoas con discapacidade. No que vai de ano, máis de 89.000 peregrinos recolleron a Compostela tras realizar este Camiño, un 20% máis que no mesmo periodo do pasado ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario