20 de dec. de 2025

O ROSAL

INAUGURACIÓN DE MURAL SOLIDARIO CON PALESTINA 

 O vindeiro martes 23 de decembro ás 19:30 horas



Baixo Miño con Palestina

 O colectivo Baixo Miño con Palestina informa de que durante o mes de novembro foi elaborado un mural solidario coa causa Palestina fronte ao Centro de Saúde do Rosal. Contando cos permisos necesarios, esta obra tivo a colaboración de importantes artistas da comarca, así como a participación de máis de 30 persoas nun traballo delicado e coidadoso para lograr o mellor resultado posíbel.   

 Isto non evitou que o mural fose poucos días despois vandalizado, nun lamentábel ataque que reflecte as ridículas formas do fascismo contra a solidariedade.   

 O vindeiro martes 23 de decembro ás 19:30 horas inauguraremos oficialmente o mural, nun acto para o que contaremos coa presenza de Manu López, veciño da comarca, que participou recentemente na Flotilla da Liberdade, que dará unha charla ás 20 horas na sala de exposicións do Concello do Rosal.  

 Convidamos a toda a veciñanza a acompañarnos, a sumarse á solidariedade co pobo palestino e a deixar só a quen escolle o odio fronte á loita pola vida e a resistencia.  

 Dende o río ata o mar, Palestina libre sempre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario