26 de dec. de 2025

DEPORTES

 ATLETISMO

O atleta tomiñés Sergio Silva Souto, da Sociedade Atlética do Trega, manda en Galicia na categoría sub14


 Sergio Silva Souto

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes 

 O atleta Sergio Silva Souto (Tomiño, 20212), da Sociedade Atlética do Trega, interveu o pasado domingo, 21 de decembro de 2025, co noso filial, o Club de Atletismo Narón, na proba de 1.000 metros de pista curta, gañando a proba e logrando a mellor plusmarca galega da tempada na categoría infantil, colocándose á fronte da clasificación galega de pista curta con 02:49.96. 

 Esa vitoria logrouna Sergio Silva Souto no Trofeo Abanca de Atletismo en pista curta 2025, correspondente ao Campionato Galego de Clubs, e lidera as clasificacións galegas. 

 Ademais, o atleta adestrado por Javier Sierpes e Patricia Pereira, tamén está posicionado na clasificación galega na distancia de 2.000 metros, cun tempo de 06:39.81 baixo cuberta, e con 06:26.19 consolídase no primeiro lugar da clasificación galega da categoría sub14 en pista ao aire libre. 


Equipo sub14 masculino do Club de Atletismo Narón

 E, a maiores, para pechar o campionato, o Club de Atletismo Narón conseguiu o subcampionato de clubs na categoría masculina, onde Sergio foi unha peza fundamental para logralo. 

 Desde a Sociedade Atlética do Trega queremos agradecer ao noso filial, o Club de Atletismo Narón, a confianza depositada nos nosos atletas, contribuíndo de maneira decisiva á súa proxección e desenvolvemento deportivo. Así mesmo, trasladamos nosa máis sincera felicitación a Sergio polo seu compromiso, constancia e esforzo, reflectidos nestes excelentes resultados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario