16 de dec. de 2025

A GUARDA

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda felicita á cidadanía polo Nadal

Cunha alfombra que pode visitarse na Casa dos Alonso


Vista da nadaliña que pode visitarse na Casa dos Alonso
Foto: Infogada


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Aproveitando unha das xornadas festivas da pasada ponte deste mes, persoas pertencentes a Asociación Cultural Alfombras da Guarda, tiveron a ben, un ano máis, xunguir agarimo, traballo e vontade, e dese xeito realizar unha fermosa nadaliña coa que desexan Bo Nadal a toda á cidadanía. 

 O resultado dese labor - no que se conxugan cores, materiais, técnicas,... - pode apreciarse na planta baixa da Casa dos Alonso, sendo un exemplo ilustrativo de todo o bonito que se pode facer cando hai colaboración veciñal.

 Parabéns as persoas que, tamén neste 2025, levaron a bo termo esa preciosa obra colectiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario