17 de dec. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda abre o prazo para solicitar subvencións culturais, deportivas e sociais   




Infogauda / A Guarda 

 Xa está aberto o prazo para presentar solicitudes para as subvencións municipais do Concello de A Guarda por concorrencia competitiva destinadas a actividades culturais, deportivas  e sociais, no municipio.   

 As entidades e persoas interesadas teñen de prazo ata o 14 de xaneiro no caso das actividades deportivas; e ata o día 15 de xaneiro para as actividades sociais, culturais e deportistas individuais. 

 As bases e os anexos están publicados na web do Concello de A Guarda e a presentación das solicitudes poden realizarse a través da sede electrónica ou do rexistro presencial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario