22 de nov. de 2025

TOMIÑO

 Charla coloquio con Rosa Arcos Caamaño

   O mércores, 26 de novembro, ás 18:30 horas, no salón da Nova Colina, de Tomiño



Agrupación do PSdeG-PSOE de Tomiño

 Co gallo do 25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller temos o pracer de presentar a charla coloquio con Rosa Arcos Caamaño. Será o vindeiro mércores, 26 de novembro, no salón da Nova Colina de Tomiño. 

 Rosa Arcos Caamaño é secretaria xeral e directora de proxectos de Fademur, federación de asociacións de mulleres rurais, recoñecida co premio Meninas 2021 polo seu labor na loita contra a violencia machista. Rosa, unha loitadora feminista incansable, militante do activismo social e do asociacionismo, daranos as claves para enfrontar a lacra da violencia machista que sofren as mulleres no rural.   

 Gustaríanos contar coa vosa presenza.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario