15 de nov. de 2025

DEPORTES

PIRAGÜISMO

O TEIXUGO LUÍS FERNÁNDEZ, GALARDONADO CO PREMIO AO MELLOR DEPORTISTA MASCULINO, NA GALA DO DEPORTE DE SALCEDA   

   

Luís Fernández Pereira recibiu o galardón ao mellor deportista  masculino


Informa (fotos e redacción): Rosa Fernández Carrera       

 Este venres pola noite, o Concello de Salceda de Caselas, celebrou a súa II Gala do Deporte. O salcedán Luís Fernández Pereira recibiu o galardón ao mellor deportista  masculino.              

 Luís é un deportista que leva dende a infancia practicando o piragüismo na modalidade de slálom en canoa, dende fai anos milita no Club Deportivo Miño-Teixugos. Leva dende o ano 2014 sendo membro habitual do equipo nacional de slálom en C1. O seu mellor resultado acadouno no ano 2019 cunha medalla de prata no Campionato do Mundo. Este ano leva varios podios nas copas de España e foi prata no Campionato español.  

 Luís combina os seus adestramentos con traballos técnicos para a Federación Galega de Piragüismo. Na próxima tempada seguirá loitando por acadar praza no equipo nacional e manterse na elite do slálom español.

Ningún comentario:

Publicar un comentario