O Concello de A Guarda continúa promovendo a compostaxe impartindo con charlas informativas
• A próxima será este xoves, 20 de novembro, ás 17:30h na Casa da Asociación O Percamino, de A Gándara
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda continúa co seu obxectivo de mellorar o aproveitamento dos recursos e a separación e xestión de residuos. Por iso, este xoves, 20 de novembro, ás 17:30h, na Casa Veciñal da Asociación O Percamino, de A Gándara, haberá unha charla sobre a compostaxe.
O contido divulgativo da devandita charla axudará as persoas veciñas que solicitaron un composteiro, a coñecer mellor a súa función e uso, mais tamén está aberta a toda persoa que xa teña un composteiro ou queira saber máis sobre a compostaxe.
O obxectivo é reciclar a materia orgánica para obter un abono de alta calidade que os participantes poden aproveitar nas súas hortas ou xardíns, ao tempo que reducen os custos asociados. Deste xeito apóstase pola economía circular contribuíndo a reducir a produción de residuos e lixo e a minorar as emisións de CO2 á atmosfera.
Mentres tanto, o Concello de A Guarda segue a repartir composteiros de xeito gratuíto entre a veciñanza. As persoas interesadas en obter un composteiro, xa o poden solicitar a través de medioambiente@aguarda.es ou chamando ao teléfono 986 61 00 00.
Así mesmo, o Concello xa comezou a repartir as chaves para ter todo listo ante a inminente instalación do contedor marrón durante estas semanas. Desde a administración municipal indican ao respecto: "Rogamos ás persoas que se apuntaran para a chave que acudan ao Concello a recollela, xa que nalgúns casos non se aportou o teléfono de contacto".


Ningún comentario:
Publicar un comentario