15 de out. de 2025

O PORRIÑO

Sin explicacións municipais do defunto asinante nun documento público 

 O Partido Popular sigue calado sen dar resposta ao acontecido coa sinatura dun falecido que resulta ser o pai do concelleiro de Vías e Obras 


Concelleira e concelleiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE de O Porriño

PSOE / O Porriño

 O PSOE de O Porriño denuncia a escandalosa inacción do Goberno do PP tras o caso da sinatura dun falecido, nun expediente de alta dun vial público que beneficiaba a un concelleiro do PP. 

 Pasaron máis de cinco días dende que os socialistas destapamos estas presuntas falsidade documental e usurpación de estado civil, e nin o alcalde nin os concelleiros implicados, deron explicacións, dimitiron ou foron cesados. 

 A agrupación socialista sostén que non é posible que unha persoa falecida no 2011, asine un documento en 2025 e que se admita. Pero o que é aínda máis grave: o silencio cómplice dos compañeiros do PP, que non saen a defender a inocencia dos seus, deixa claro que este Goberno está podrido por dentro. 

 Os veciños queren respostas ante este nivel de baixeza, non que se trata de colar o asunto como quen non quere a cousa, para beneficio persoal dun concelleiro do PP. 

 Por iso, dende o PSdeG-PSOE do Porriño exisimos a dimisión inmediata dos concelleiros de Urbanismo e Vías e Obras, Antía Carrera e Ramón Porto, respectivamente, ou o seu cese urxente polo alcalde. “Este mutismo colectivo é unha proba de camaradería que ofende á cidadanía. Se non hai resposta en 48 horas, levaremos o caso á Fiscalía. Os socialistas non toleraremos esta impunidade” remata David Alonso. 

O documento asinado por un falecido 

 A aportación dun documento a un expediente de expropiación dun camiño en Atios, foi o que fixo saltar a alarma para os grupos da oposición, xa que unha das persoas asinantes constaba falecida na data da mesma. 

 O asunto cobra maior relevancia ao tratarse do defunto pai do concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, corroborado polos concelleiros socialistas no Rexistro Civil dos Xulgados do Porriño; e así se rexistrou no Concello con copia do certificado correspondente e previa celebración do Pleno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario