14 de out. de 2025

A GUARDA

Francisco Álvarez (Koki) publicou un novo libro infantil inspirado na vila  

Que conta con ilustracións de Emilio Baz e co apoio do Concello de A Guarda

  

Portada de Barco de papel / Paper boat, de Francisco Álvarez


Infogauda / A Guarda  

 O autor guardés Francisco Álvarez publicou un novo libro infantil, co apoio do Concello de A Guarda. O libro, dirixido aos máis pequenos da casa, ten como punto de partida á vila guardesa para dar paso a unha aventura pola costa de Oia e máis alá.  

 A participación guardesa esténdese tamén aos debuxos - na portada e páxinas interiores -, da autoría de Emilio Baz Pacheco. 

 A historia infantil de fantasía e aventura pode lerse en tres idiomas: galego, castelán e inglés, sendo unha oportunidade para ir aprendendo a ler nestas linguas.  

 O libro xa se atopa tamén na Biblioteca Pública Municipal de A Guarda, así como en diversas bibliotecas escolares do concello guardés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario