14 de out. de 2025

A GUARDA

O ciclo Ven ao teatro trae a obra accesible “Nada se sabe”

  Este venres, 17 de outubro, ás 21:00 h, no Centro Cultural 

  A obra conta con medidas de accesibilidade, algunha das cales son baixo demanda


Escea da obra de teatro “Nada se sabe”
Foto: Cedida

Infogauda / A Guarda

  Nesta orixinal proposta, dúas actrices e dous actores con discapacidade recoñecida repasan diversas visións da discapacidade no teatro clásico, deténdose nunha adaptación moderna escrita por Manuel Lourenzo de Filoctetes, unha das traxedias gregas de Sófocles, na que se presenta a idea da diferenza, da persoa discriminada, que a sociedade non sabe (ou non desexa) incluír. Desde o seu propio punto de vista, o elenco resignifica eses textos desde esa diversidade, advertindo ao público e á sociedade de que “Nada se sabe” sobre o que as persoas con discapacidade son, pensan, senten, queren, e da posición que desexan ocupar na vida, na sociedade e na arte. 

 Este punto de partida, mesturado coas vivencias reais dos protagonistas, conforman un espectáculo divertido e único na historia do teatro galego.  

 A obra conta con medidas de accesibilidade para garantizar os dereitos culturais de todos os interesados en asistir: 

• Interpretación en lingua de signos. 

• Visita táctil (visita previa á previa ao espectáculo, destinada a que as persoas invidentes fagan un percorrido polos elementos físico do espectáculo) 

• Audiodescrición para persoas cegas. 

Importante: Este servizo ofrecerase baixo demanda, polo que é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura (986 610 000 ext. 5 ou cultura@aguarda.es

• Programa de man en Braille 

• Programa de man ampliado para persoas con resto visual. 

• Programa de lectura fácil. 

A obra comezará ás 21:00h o venres 17 no Centro Cultural. A entrada é de balde ata agotar o aforo.  

 Aquí tendes unha ligazón a un vídeo da función: https://youtu.be/0ZsWFEafjgo 

Ningún comentario:

Publicar un comentario