11 de set. de 2025

DEPORTES

FÚTBOL

Primeira Galicia 1ª FUTGAL - GRUPO 6

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO R. CASTRELOS F.C.

 Este domingo, 14 de setembro, ás 17:00 horas, no campo municipal de A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A pasada fin de semana botou a rodar o balón na liga da categoría Primeira Galicia 1ª FUTGAL - GRUPO 6, na que milita o Sporting Guardés. 

 Na 1ª xornada da temporada 2025-2026, o conxunto de A Guarda, desprazouse ata o campo de A Gándara, no concello de Salceda de Caselas, enfrontándose ao Caselas C.F., logrando un empate (3-3), que conlevou o reparto de puntos. Un para cada equipo. Non foi moito o botín, máis pior sería non haber logrado ningún. 

 En todo caso, a liga acaba de comezar. Dese xeito, este domingo, 14 de setembro, ás 17:00 horas, no campo municipal de A Sangriña, o Sporting Guardés recibirá al R. Castrelos F.C.

 O equipo visitante, que a pasada xornada coñeceu a primeira derrota (2-3), fronte ao Tomiño F.C., virá á vila de A Guarda co propósito de levarse os puntos en xogo. Ese xa é un magnífico aliciente para que os seareiros do Sporting Guardés acudan ata o municipal de A Sangriña para animar ao equipo local e gozar dunha boa tarde de fútbol. 

 Por outra banda, a xunta directiva do Sporting Guardés indica que os socios que queiran retirar o seu carné poden facelo no campo de fútbol antes e durante o partido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario