1 de set. de 2025

TOMIÑO

Tomiño apúntase á risoterapia cun novo curso da Escola Eurural 

•  Organizado por Galicia Suroeste, impartirase do 18 de setembro ao 18 de decembro na sede de Vontade. Inscricións abertas na web do grupo de desenvolvemento rural  




Infogauda / Tomiño

 Tomiño apúntase á risoterapia cun novo curso da Escola Eurural que ven de reactivar o grupo de desenvolvemento rural Galicia Suroeste, unha ferramenta para ofrecer formación de diversos ámbitos nos concellos que forman parte da entidade.  

 Nesta ocasión, organiza xunto a asociación Vontade unha acción formativa de risoterapia, a proposta da Mesa Sectorial de Muller do GDR, presidida por Susana Rodríguez, en representa da Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia, ACADAR.  

 En Tomiño a actividade será impartida nas instalacións de Vontade, desde o 18 de setembro ata o 18 de decembro en horario de 18:00 a 20:30 horas.  

 Para poder participar nos cursos é necesaria facer inscrición previa na web galiciasuroeste.gal. A actividade será de balde, cun custe de inscrición de 7,00€.  

 Os cursos están enmarcados dentro do Programa + Xuntas da Deputación Provincial de Pontevedra, polo que está destinado preferentemente a mulleres. 

 A inscrición pode realizarse en https://galiciasuroeste.gal/proxectos/curso-de-risoterapia

Ningún comentario:

Publicar un comentario