11 de set. de 2025

O ROSAL

O luns 2 de febreiro, día da Saúde e San Brais, festivo local no Rosal no 2026  

 O Concello conmemora así o bicentenario da parroquia de San Xoán de Tabagón. Ademais dos festivos municipais, o pleno aprobará este venres 12 a ordenanza de antenas de telecomunicacións   


Vista do balcón da Casa do Concello do Rosal
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal  

 O bicentenario da parroquia de San Xoán de Tabagón chega ao calendario do Rosal. O Concello aprobará este venres 12 de setembro en pleno extraordinario os seus festivos locais para 2026, que o vindeiro ano recaerá no luns 2 de febreiro, día da Saúde e de San Brais. Ademais, como é habitual, tamén se probará como a outra xornada festiva municipal o martes de Entroido, que o vindeiro ano recaerá no 17 de febreiro. 

 “Queremos que o bicentenario de Tabagón sexa unha celebración compartida, que poña en valor a historia e a identidade das nosas parroquias e que sirva tamén para reforzar os lazos comunitarios”, explicou a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, quen destacou “a importancia da recuperación por parte da nova Comisión de Festas desta tradición para que siga viva e sexa recoñecida por todas as xeracións”.  

 Ademais da designación dos festivos locais, o pleno abordará a aprobación provisional da ordenanza municipal sobre antenas de telecomunicacións, un documento co que o Concello quere establecer criterios claros sobre a súa localización, como as distancias mínimas respecto a determinados espazos, sempre dentro das competencias limitadas que ten a administración local nesta materia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario