Saída ao teatro a Santiago, para desfrutar dunha obra acrobática
• O mércores, 1 de outubro, ás 14:45 horas, para ver a función: A serie Clopen
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda organiza unha nova saída ao Salón Teatro, de Santiago de Compostela. Será o mércores 1 de outubro para ver a función: A serie Clopen.
O autobús recollerá as persoas interesadas, veciñas de A Guarda, no Centro Cultural da vila guardesa, levaraas ata Santiago e traeraas de volta trala representación.
O custe total da actividade é de 5€, que se aboará á persoa responsable ao subir ao bus que sairá ás 14:45 horas.
Dado que as prazas son limitadas, as persoas interesadas en asistir, deben anotarse no seguinte formulario: https://forms.gle/zkaVnAdtCoXKvtPq5
Acrobacias imposibles, aéreos impresionantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cativadora son os ingredientes deste espectáculo multidisciplinar.
A obra reflexiona, en ton de humor, sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza. Esta é a primeira produción propia do Centro Dramático Galego co circo como eixo central e que convida á reflexión sobre o momento actual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario