22 de set. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda conta con 5 novas biotrituradoras 

Para o préstamo ás persoas veciñas que as soliciten


Vista dunha das biotrituradoras adquiridas polo Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda conta con cinco novas biotrituradoras para pór a disposicións das persoas veciñas. 

 Con as biotrituradoras poderanse triturar restos de xardín, ramas, follas, restos leñosos,…,para obter estruturante ou acolchado. 

 As persoas interesadas xa as poden solicitar na sede electrónica ou no rexistro.  

 Unha vez feita a solicitude, o Concello porase en contacto co solicitante para acordar as datas do préstamo da biotrituradora que será de máximo de 7 días. Para máis información ou dúbidas medioambiente@aguarda.es

 Con esta iniciativa búscase reducir as queimas e, polo tanto, a emisión de CO2, así  como reducir os residuos, puidendo ser aproveitados para a elaboración de acolchado ou estruturante para os composteiros.  

 A adquisición das biotrituradoras contou coas axudas da Xunta de Galicia financiadas con fondos europeos NextGenerationEU, a través do Ministerio para la Transición Ecológica, dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario