12 de ago. de 2025

VIGO

A CIG convoca folga no SAF para o 13 de agosto 


A CIG ten convocada, para mañá mércores, día 13 de agosto, unha xornada de folga nos Servizos de Axuda no Fogar de Galiza
Foto: CIG

Infogauda / Vigo  

 A CIG ten convocada, para mañá mércores, día 13 de agosto, unha xornada de folga nos Servizos de Axuda no Fogar de Galiza, en resposta ao asasinato da traballadora do Porriño, en solidariedade coa súa familia e para exixir medidas que garantan a protección efectiva das traballadoras deste sector.  

 Con este motivo son numerosas as convocatorias de concentracións previstas por toda a xeografía galega. No caso da comarca de Vigo, ademais de manifestación desde a Farola de Urzáiz até o edificio da Xunta de Galiza, ás 17:30 horas, están previstas as seguintes concentracións diante dos concellos: 

Vigo: 11:30 horas 

Redondela: 11:30 horas 

Ponteareas: 12:00 horas 

Covelo: 12:00 horas 

As Neves: 11:30 horas 

Pazos de Borbén: 11:30 horas 

Porriño: 11:30 horas 

Moaña: 11:30 horas 

Mos: 11:30 horas 

Tomiño: 11:30 horas 

Nigrán: 11:30 horas 

Ningún comentario:

Publicar un comentario