As Festas do Monte Santa Trega desenvolvéronse con normalidade baixo un gran dispositivo de emerxencias
• Que contou coa colaboración de diversas forzas de seguridade, de emerxencias e tamén coa GNR portuguesa
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, martes 12 de agosto de 2025, o Goberno municipal de A Guarda, fixo pública, á seguinte nota de prensa:
«Coas Festas do Monte rematadas, é o momento de facer balance dunha xornada tan intensa como a do domingo. O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, quere “agradecer a todos os que traballaron para ter unha festa segura para que A Guarda puidera desfrutar deste domingo do Monte”.
Por iso, o alcalde quere agradecer a todos os servizos prestados que formaron o dispositivo de emerxencias e seguridade. Por parte da Guardia Civil, estiveron parte do cuartel da Guardia Civil da Guarda, da comandancia da Guardia Civil de Tui, a unidade canina, a unidade Pegaso con vixilancia de drons e tamén a Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia (USECIC), sendo un total de 20 axentes.
Ademais, formaron parte do dispositivo 10 policías locais da Guarda e 4 da de Tomiño, así como catro voluntarios de Protección Civil, axentes da Guarda Nacional Republicana de Portugal (GNR) e o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) da Guarda. Durante todo o día, os servizos médicos estiveron alerta ante calquera emerxencia con ambulancias do propio SERGAS e 3 ambulancias contratadas polo Concello como reforzo.
O Punto de Mando Avanzado (PMA) situouse no campo de fútbol de Chans vello, que a Comunidade de Montes de Camposancos cedeu para este importante labor; polo tanto, agradecer a súa colaboración e a do distrito forestal de Oia.
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, actuou como responsable de emerxencias desde as 8:00h ata as 22:00h, nunha longa xornada que se viviu con normalidade e tranquilidade, agás algún caso illado. Ademais, tamén estivo presente o concelleiro de Persoal e Servizo Cidadá, Isidro Lomba, para reforzar o dispositivo.
Por outra banda, os operarios municipais traballaron durante toda a semana centrándose na limpeza das rúas e zonas de festa.
“Quero agradecer a toda a cidadanía polo seu civismo para vivir estas festas e, en especial, as bandas mariñeiras que colaboran sempre neste sentido”, declara o alcalde. “Grazas á aportación de todos e todas, o domingo do monte desfrutouse con normalidade e nas que destacou a harmonía e o son dos bombos e caixas”».
Ningún comentario:
Publicar un comentario