6 de ago. de 2025

TUI

Cinema ao aire libre coa proxección de “A Elefanta do Mago” 

 A cita será este venres ás 22.15 h, na praza do Pracer, con entrada libre 


Fotograma do filme “A Elefanta do Mago” 
Fonte: C.T.

Infogauda / Tui

 Cine para toda a familia na segunda fin de semana do mes de agosto, dentro da programación cultural de verán organizada polo Concello de Tui.  

 A cita será este venres, ás 22.15 h, na praza do Pracer coa proxección de “A elefanta do mago”, de Wendy Rogers.  

 Esta película de animación conta a historia de Peter, un neno orfo que busca a súa irmá Adel, desaparecida hai moitos anos. Cando se atopa cunha adiviña na praza do mercado, só ten unha pregunta en mente: segue viva a miña irmá? A resposta é que debe atopar unha misteriosa elefanta e ao mago capaz de conxurala. “A elefanta do mago” está baseada na novela clásica de Kate DiCamillo, gañadora de dous premios Jorge Newbery.  

 Con esta proposta cultural, o Concello de Tui continúa apostando polo lecer para toda a familia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario