15 de ago. de 2025

RIBADAVILA (A GUARDA)

VENTO MAREIRO ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DO SERÁN DA GUÍA

 Celebrarase o sábado día 30 de agosto, ás 21:30 horas, na praza da Guía




Ricardo Rodríguez Vicente / Ribadavila (A Guarda)

 A asociación folclórica Vento Mareiro, de A Guarda, organiza unha nova edición do Serán da Guía. Será o sábado día 30 de agosto, a partires das 21:30 horas, na praza da Guía. 

 A ese evento está convidada toda á cidadanía, para gozar da música e o baile tradicionais, e ter unha boa festa popular.

 Ainda que no cartel figuran Vento Mareiro e a Murga Airiños do Cereixo, no Serán da Guía poderán participar todas as persoas que así o desexen.

Ningún comentario:

Publicar un comentario