6 de ago. de 2025

O BAIXO MIÑO

A XUNTA DE GALICIA FINANCIA CON MÁIS DE 71.000 EUROS OS PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE  FAMILIAR DA COMARCA DO BAIXO MIÑO 

O delegado territorial visitou os programas de conciliación de Tui e A Guarda 

A Xunta inviste máis de 1,2 millóns nos programas de conciliación de 45 concellos da provincia de Pontevedra  


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá os programas de conciliación dos concello de Tui e A Guarda
Fotos: X.G.



Infogauda / O Baixo Miño 

 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá os programas de conciliación dos concello de Tui e A Guarda, que están financiados pola Xunta con 44.000 e 11.700 euros respectivamente do Plan Corresponsables, cofinanciado co Ministerio de Igualdade. 

 Trátase dunha aposta da Xunta coa que se pretende crear un espazo de xogo, diversión e aprendizaxe para os nenos e nenas galegas, á vez que se facilita a conciliación familiar durante as vacacións escolares.   

 Neste sentido, a consellería de Política Social e Igualdade inviste máis de 1,2 millóns de euros nos programas de conciliación e corresponsabilidade da provincia, dos cales máis de 71.000 corresponden aos concellos da comarca do Baixo Miño. Entre os concellos beneficiados por estas axudas atópase, ademais dos visitados esta mañá polo delegado, Oia e O Rosal.  

 En total, son 45 os concellos da provincia de Pontevedra que se benefician destas axudas que dan servizo a millares de familias. O delegado territorial aproveitou a ocasión para destacar a importancia de levar a cabo iniciativas como esta que “facilitan a organización das familias nestes meses nos que os máis pequenos teñen moito máis tempo libre que os seus pais”.  

 Ademais, Reguera lembrou que os protagonistas destas iniciativas deben ser sempre os nenos e nenas participantes: “Non podemos esquecer que, máis alá de apostar pola conciliación familiar, os protagonistas destes programas deben ser os nenos e nenas que, despois de un curso de estudo e esforzo, merecen unhas vacacións cheas de actividades, diversión e amizades”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario