13 de ago. de 2025

A GUARDA

A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA VAI CONMEMORAR SEU XX ANIVERSARIO 

 Cun concerto o sábado, 23 de agosto, ás 20:15 horas, no auditorio san Bieito




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Parece que foi onte, como quen dí, máis a Agrupación Musical de A Guarda vén de cumplir - o pasado 25 de xuño de 2025 -, seu XX aniversario.

 Ainda temos na nosa memoria o acto da presentación oficial da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, que tivo lugar o día 25 de xuño de 2005, na praza do Reló. Foi un evento que ninguén quixo perderse, e no que a banda debutante foi amadriñada pola Agrupación Musical de O Rosal, dirixida por Francisco Noya Van der Velde.

 Desde aquela data, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta, ten ofrecido innumerables actuacións, tanto no concello de A Guarda, como noutras localidades da contorna, e mesmo doutras vilas de Galicia. 

 Asemade, coincidindo coa celebración dos seus aniversarios, ten levado a bo termo intercambios con outras bandas de música.

 Agora, co gallo do seu XX aniversario, a Agrupación Musical de A Guarda, ofrecerá un concerto conmemorativo das dúas décadas de actividade continuada. Será o sábado, día 23 de agosto, ás 20:15 horas, no auditorio san Bieito. Nesa ocasión a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda contará coas colaboracións de Ubaldo Zabala  Arbulu (guitarra eléctrica), Enrique Vicente Morillas (baixo) e Jorge Fernández González (teclado).

 Será un concerto de música rock e BSO - banda sonora orixinal -, que con certeza, contará cos parabéns do respectable público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario