Novo concerto de Meighalho Band
• O dúo actuará este xoves 14 de agosto, a partir das 21:00h na rúa do Porto
Infogauda / A Guarda
A rúa do Porto será o escenario dun novo concerto de Meighalho Band, na Guarda. Este xoves 14 de agosto, a partir das 21:00h poderemos escoitalos para desfrutar da véspera do festivo entre amizades e música.
Meighalho Band
Meighalho foi fundado en 2023 por Guillermo Núñez Rivera e Xosé García López (Stewart). Desde entón, a banda buscou explorar novas sonoridades, combinando elementos da música tradicional con composicións orixinais que reflicten a diversidade cultural do seu entorno.
O grupo combina unha ampla variedade de influencias musicais, incluíndo a música celta, galaica, latina, jazz e rock, utilizando unha variedade de instrumentos, como cunchas, pandeiretas, tamboriis, guitarras e percusión. Este enfoque ecléctico deu lugar a un estilo distintivo que denominaron "Trazz", o cal reflicte o seu compromiso coa innovación e a reinterpretación de tradicións musicais ancestrais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario