31 de xul. de 2025

TUI

Un centenar de persoas descubriu o mosteiro de Sanfins, en Valença do Minho

  A visita inclúese no ciclo “Coñece o noso patrimonio” que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui  


 Un centenar de persoas descubriron este martes a historia e os segredos que agocha o mosteiro de Sanfins
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 Éxito na cuarta visita do ciclo “Coñece o noso patrimonio”, organizado polo Instituto de Estudos Tudenses en colaboración co Concello de Tui. Un centenar de persoas descubriron este martes a historia e os segredos que agocha o mosteiro de Sanfins na Uniâo de Freguesías de Gondomil  e Sanfins, en Valença do Minho.   

 Durante unha hora de visita, o historiador valenciano Narciso Serra guiou un percorrido por este mosteiro, que é un dos exemplos máis salientables do románico de Portugal, monumento nacional dende 1910.   

 As persoas que participaron na actividade puideron observar as súas estruturas e formas medievais case intactas, e o seu gran repertorio escultórico figurado, presente especialmente na cabeceira e nos canzorros das cornixas.  

 Un gran éxito nesta cuarta visita do programa “Coñece o noso patrimonio”, que continuará  con outras dúas propostas:   

 O martes, 12 de agosto, ás 20.30h será “A escultura románica e gótica na catedral de Tui” a cargo de Marta Cendón. 

 Mentres o martes 29, ás 20.30h, dende o adro de San Telmo partirá a visita guiada por José Ramón Fernández á igrexa de San Telmo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario