13 de xuño de 2025

TOMIÑO

ADETO adianta o seu Pasaporte para premiar aos clientes máis fieis 

•  A tradicional campaña do comercio tomiñés pon en xogo 600 €  




Gonzalo Lomba / Tomiño

 Como cada verán, ADETO, a asociación de empresas de Tomiño, lanzou a súa campaña Pasaporte ADETO na que se reparten máis de mil pasaportes entre os clientes do comercio local e se premia a aqueles que consigan seis selos diferentes a cambio das súas compras.  

 Neste curso a campaña adiantouse para favorecer as compras dos veciños da vila pero a mecánica segue sendo a mesma: por cada compra nun establecemento asociado a persoa consumidora recibirá un selo no seu pasaporte. Cando xunte 6 selos distintos poderá entregar o seu pasaporte e participará no sorteo de dous premios: un de 300€ e outro de 200€ para gastar no comercio local.  

 Para aqueles que non consigan os seis selos tamén pode haber premio: os pasaportes incompletos pero con a lo menos 3 selos entrarán no sorteo de 2 vales de 50€ para empregar nas empresas asociadas. Iso si, os pasaportes, tanto completos como incompletos, terán que ser entregados ata o 6 de agosto para poder participar no sorteo que se celebrará dous días despois na Praza do Seixo.  

 O Pasaporte ADETO conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia e co apoio do Concello de Tomiño, e nesta edición está patrocinado por Manel Riveiro Peluqueros, Orientalia, Chévere, J. Carrera decoración, Óptica Central, La Dulcekatta e Librería Ideas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario