Os Sábados Con Sabor, regresaron ao Mercado de Tomiño
• A segunda proposta do ciclo será o sábado 7 de xuño, desde ás 13:00 h., con “Terapia de Grupo”
Infogauda / Tomiño
Voltaron os Sábados Con Sabor ao Mercado de Tomiño. Unha fórmula única que ofrece, a partir da unha da tarde, tapas de calidade para compartir, elaboradas con produtos galegos de tempada, vermú e música en directo de grupos orixinais.
A segunda proposta do ciclo será o sábado 7 de xuño, desde ás 13:00 horas, con “Terapia de Grupo”, formación musical composta por Jairo Villar, Anxo Morales e a moza tomiñesa Lara Villaverde, de Tebra.
“Terapia de Grupo” ofrecerá un amplo e variado repertorio, con versións de diferentes épocas e estilos, como pop español e latino, rumba, folk irlandés, música galega, bandas sonoras, etc.
Nesta segunda sesión vermú, as tapas serán tamén moi atractivas, con croquetas variadas, montadiños de picaña e flan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario