5 de xuño de 2025

TOMIÑO

Os Sábados Con Sabor, regresaron ao Mercado de Tomiño

  A segunda proposta do ciclo será o sábado 7 de xuño, desde ás 13:00 h., con “Terapia de Grupo”




Infogauda / Tomiño

 Voltaron os Sábados Con Sabor ao Mercado de Tomiño. Unha fórmula única que ofrece, a partir da unha da tarde, tapas de calidade para compartir, elaboradas con produtos galegos de tempada, vermú e música en directo de grupos orixinais.

 A segunda proposta do ciclo será o sábado 7 de xuño, desde ás 13:00 horas, con “Terapia de Grupo”, formación musical composta por Jairo Villar, Anxo Morales e a moza tomiñesa Lara Villaverde, de Tebra. 

 “Terapia de Grupo” ofrecerá un amplo e variado repertorio, con versións de diferentes épocas e estilos, como pop español e latino, rumba, folk irlandés, música galega, bandas sonoras, etc. 

 Nesta segunda sesión vermú, as tapas serán tamén moi atractivas, con croquetas variadas, montadiños de picaña e flan. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario