13 de xuño de 2025

O BAIXO MIÑO

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de traballo 

 Para a cobertura temporal que poidan producirse na plantilla de conductores da MIBM

Infogauda / O Baixo Miño

 A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño realiza a convocatoria do proceso selectivo para a confección dunha bolsa de traballo para a cobertura temporal que poidan producirse na plantilla de conductores da MIBM que permita cubrir as necesidades temporais de persoal xurdidas, aos efectos de garantir o bo funcionamento do servizo.  

 O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días hábiles seguintes ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial de Pontevedra, que foi o mércores 11 de xuño de 2025.  

 As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño.

Bases convocatoria proceso bolsa de traballo para a cobertura temporal conductores

Ningún comentario:

Publicar un comentario