PETANCA
ANXO RODRÍGUEZ GUISANTES, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE DUPLETAS XUVENIL
• Coa Selección Galega de Petanca
Infogauda / A Guarda
A pasada fin de semana, o guardés Anxo Rodríguez Guisantes viaxou coa Selección Galega de Petanca, á localidade andaluza de Vélez-Rubio, para participar no Campionato de España de Dupletas Xuvenil.
Despois de dous días de competición, o equipo galego foi vencido na final, conseguindo así un subcampionato nacional moi disputado polos mozos galegos.
A selección galega, formada por Xoán Balboa Villar, do club Negreira; Nicolás Villamayor, do club de petanca Lalín; e Anxo Rodríguez Guisantes, do club de petanca O Caldeiro, de Camposancos (A Guarda), logrou o 2º posto. O 1º acaudouno a selección andaluza.
Desde o club de petanca O Caldeiro felicitan á selección galega e especialmente a Anxo, socio do club de Camposancos, polo nivel que está a mostrar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario