9 de xuño de 2025

A GUARDA

PETANCA

ANXO RODRÍGUEZ GUISANTES, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE DUPLETAS XUVENIL  

  Coa Selección Galega de Petanca


A selección galega, formada por Xoán Balboa Villar, do club Negreira; Nicolás Villamayor, do club de petanca Lalín; e Anxo Rodríguez Guisantes, do club de petanca O Caldeiro, de Camposancos (A Guarda), logrou o 2º posto no Campionato de España de Dupletas Xuvenil
Foto: Cedida

Infogauda / A Guarda

 A pasada fin de semana, o guardés Anxo Rodríguez Guisantes viaxou coa Selección Galega de Petanca, á localidade andaluza de Vélez-Rubio, para participar no Campionato de España de Dupletas Xuvenil.  

 Despois de dous días de competición, o equipo galego foi vencido na final, conseguindo así un subcampionato nacional moi disputado polos mozos galegos.

 A selección galega, formada por Xoán Balboa Villar, do club Negreira; Nicolás Villamayor, do club de petanca Lalín; e Anxo Rodríguez Guisantes, do club de petanca O Caldeiro, de Camposancos (A Guarda), logrou o 2º posto. O 1º acaudouno a selección andaluza. 

  Desde o club de petanca O Caldeiro felicitan á selección galega e especialmente a Anxo, socio do  club de Camposancos, polo nivel que está a mostrar.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario