22 de maio de 2025

O PORRIÑO

O PSOE do Porriño denuncia que CSIF e Concello miran para outro lado ante a falta de seguridade de funcionarios nunhas prácticas 

•  O mesmo sindicato do funcionariado do Concello do Porriño que habería pedido en nota de prensa a dimisión da concelleira socialista, Sthela Mª Táboas, mantense en silencio agora cando debería preocuparse pola seguridade dos traballadores tras a realización de prácticas nun edificio con orde de paralización 

•   A pesar de que se contaban uns 20 axentes uniformados abonouse o importe de 30 menús durante dous días a un local hostaleiro porriñés 


Prácticas policiais nun edificio cunha orde de paralización

Grupo Municipal do PSdeG-PSOE / O Porriño

 A agrupación socialista do Porriño puido ser testemuña directa de como, os días 5 e 6 deste mes, realizábanse unhas prácticas policiais nun edificio cunha orde de paralización, promovida polo PSdeG-PSOE, ao contar cunha orde de demolición parcial, ademais de solicitar comunicación previa de obras menores cando a realidade das mesmas era moi distinta e terían que solicitar unha licenza. 

 Uns 20 axentes accedían ao edificio uniformados ambos os días e, aínda que se lle preguntou ao concelleiro de Seguridade, Abel Estévez, sobre estes feitos, este non informou sobre o motivo polo cal ocuparon o inmoble durante dous días. 


Decreto da Alcaldía do Concello de O Porriño

 Os socialistas puidemos confirmar a realización deste curso a través dun Decreto baixo o concepto “adxudicación servizo de menús e almorzos para a Policía Local” no que se dá orde de pago de 30 menús, durante dous días, nun local hostaleiro porriñés que se repite constantemente en actividades relacionadas co Concello. Sorpréndenos enormemente que se facturen máis menús, que o número de axentes que participaban realmente no curso. 

 Descoñecemos se o inmoble conta con seguro de Responsabilidade Civil; se existe un convenio para a realización deste curso co promotor; ou o por qué de facer uso deste edificio; e a propósito de qué se atopaba paralizado. É por iso que nos preguntamos onde está agora o CSIF, “o sindicato que debe velar pola seguridade e dereitos dos traballadores, está máis preocupado en pedir a dimisión dunha concelleira, cando realiza preguntas incómodas nas sesións plenarias sobre irregularidades na Policía Local do Porriño” puntualiza a concelleira socialista, Sthela Mª Táboas. 

 Solicitouse acceso ao expediente deste curso e, polo momento non temos resposta; un feito que se repite cando os concelleiros da oposición rexistramos solicitudes, tal como correspóndenos segundo o ROF para poder comprobar a legalidade e bo funcionamento das accións municipais. Négannos  o dereito de acceso a expedientes, limítannos as preguntas nos Plenos, nos actos oficiais recórtannos das imaxes, medios pagos que non publican as nosas notas... Esta é a transparencia do PP que, lamentablemente, dá a benvida á ditadura para O Porriño” conclúe Táboas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario