O BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS INFORMA DUNHA OFERTA ESPECIAL
Club Balonmán Atlético Guardés / A Guarda
Informamos a socios e socias dunha oferta especial para o partido de volta de semifinais desta fin de semana na casa.
Con motivo dunha ocasión tan importante para o equipo, cada socio ou socia poderá sacar ata dúas entradas adicionais a un prezo reducido de 10 euros cada unha para amigos e acompañantes. Esta oferta será unicamente aplicable á venda anticipada, é dicir, entre semana na oficina do Club entre as 17.00 e as 20.00 horas a partir de hoxe luns e ata o venres. O domingo en taquilla NON poderán recollerse estas entradas en oferta.
Lembramos que os socios teñen entrada gratuíta a tódolos partidos de play-off, como así o indica o seu abono.
O partido celebrarase este domingo 25 de maio ás 12.00 horas, contra o Atticgo BM Elche. A ida será este mércores ás 20.00 horas na cidade ilicitana.
Quedamos á disposición de calquera consulta. Grazas e saúdos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario