19 de maio de 2025

DEPORTES

PIRAGÜISMO

MANU OCHOA LOGROU BOS RESULTADOS NO CAMPIONATO DE EUROPA DE CAIAC CROSS  


Manuel Ochoa, na canle de Vaires sur Marne

Informa (fotografía e redacción): Rosa Fernández Carrera

 Este domingo, o teixugo Manuel Ochoa, regresou a canle de Vaires-sur-Marne, sede dos xogos olímpicos de París, para disputar o Campionato Europeo de Caiac Cross. A Federación Internacional de Piragüismo cambiou o sistema de competición desta espectacular modalidade, facendo dobre competición: por un lado a contra reloxo, que agora pasa a ser caiac cross individual, e por outro os enfrontamentos.  

 Manu Ochoa comezou con moi bo pé a proba individual onde quedou cuarto a cinco centésimas de acadar o bronce e a medio segundo do primeiro clasificado. Con este gran tempo pasou aos octavos de final dos enfrontamentos en moi boa posición. Superou octavos con algunhas complicacións. En cuartos de final, comezou con mal pé, na metade do circuíto logrou poñerse segundo, pero un fallo nunha das portas, obrigouno a remontar, entrando último e quedando fóra de semifinais. Rematou esta segunda competición nun destacado décimo terceiro lugar. Non é un mal comezo para Ochoa nesta estrea da tempada internacional oficial co equipo español, a súa seguinte cita será o 8 de xuño na primeira copa do mundo na Seu d´Urgell.

Ningún comentario:

Publicar un comentario