2 de abr. de 2025

OIA

O Real Mosteiro de Oia reabre as súas portas para ofrecer unha experiencia única esta Semana Santa 

 O Real Mosteiro de Oia convida a coñecer, do 14 ao 20 de abril, os resultados da cuarta campaña arqueolóxica realizada.  

  



Infogauda / Oia

 Tras un período de peche debido a intervencións para axilizar a recuperación final do cenobio, o Real Mosteiro de Oia reabre as súas portas de maneira puntual esta Semana Santa para ofrecer unha experiencia única e enriquecedora. O motivo principal é dar a coñecer os avances conseguidos nos traballos arqueolóxicos e de investigación, dentro do proceso de recuperación que busca devolver ao mosteiro o seu máximo esplendor.  

Visitas guiadas: `O Real Mosteiro de Oia Baixo Estudo’: un percorrido único pola historia e os avances na restauración. 

 Do 14 ao 20 de abril, o Mosteiro de Oia organiza visitas guiadas especiais para dar a coñecer as últimas novidades sobre os traballos acometidos no complexo. Esta non é unha visita convencional, senón un percorrido exclusivo polo recinto do Mosteiro de Oia antes da súa rehabilitación. Os visitantes poderán explorar o monumento a través dun relato detallado baseado nos traballos realizados polas distintas disciplinas que están a intervir no proceso de recuperación: a arquitectura, a arqueoloxía, a restauración e a historia.  

  

O Mosteiro de Oia organiza visitas guiadas especiais para dar a coñecer as últimas novidades sobre os traballos acometidos no complexo

 Os asistentes coñecerán novas teorías sobre a evolución construtiva do mosteiro ao longo dos séculos, o que proporcionará unha visión máis profunda sobre a súa importancia histórica e a súa futura rehabilitación. Ademais, mostrarase o resultado da cuarta campaña arqueolóxica que está a revelar o que o tempo ocultou.  

 As visitas, organizadas pola Fundación Bretal, levaranse a cabo en grupos reducidos e serán acompañadas por guías oficiais, o que permitirá unha experiencia máis personalizada e enriquecedora. 

Quendas das visitas guiadas:  

11:00h 

16:30h 

18:15h  

 É importante destacar que debido ás condicións do edificio, que se atopa en proceso de restauración, as visitas non son recomendadas para cadeiras infantís nin para persoas con mobilidade reducida.  

 Os tickets para as visitas guiadas xa están dispoñibles a través de www.mosteirodeoia.com ou en www.fundacionbretal.com

A Treboada: o 20 de abril, un evento para toda la familia 


O Mosteiro de Oia acollerá A Treboada, un evento que rememora a histórica batalla de 1624 entre monxes e piratas

 O 20 de abril, o Mosteiro de Oia acollerá A Treboada, un evento que rememora a histórica batalla de 1624 entre monxes e piratas. O evento, cuxo aforo está xa completo, incluirá unha visita especial teatralizada e un torneo de espadas e pistolas para os nenos e nenas, que poderán participar como auténticos heroes e heroínas da historia. Ademais, para completar a experiencia, A Casa da Henriqueta e A Camboa ofrecerán un menú especial Treboada, para gozar da gastronomía local tras a xornada.   

Compromiso coa transparencia e a preservación do patrimonio 

 Tras a exposición organizada en Vigo e a presentación oficial do proxecto de restauración e rehabilitación en setembro do ano pasado, a propiedade do Mosteiro, a través da Fundación Bretal, continúa dando pasos para involucrar ao público no proceso de recuperación deste monumento único.  

 Ademais, este esforzo, que busca facer partícipe á sociedade dos avances que se están producindo nos últimos anos, ten como obxectivo non só a recuperación do edificio senón a revitalización e dinamización de todo a súa contorna. 

 En paralelo, os esforzos seguen centrados nas xestións burocráticas necesarias que permitan a intervención e recuperación dun Ben de Interese Cultural único. 

Máis información: 

www.mosteirodeoia.com/real-mosteiro-de-oia-actividades-semana-santa/ 

www.fundacionbretal.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario