21 de abr. de 2025

ECONOMÍA

CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓNS NAS RESIDENCIAS PRIVADAS E CENTROS DE DÍA

 En demanda dun convenio digno


Participantes nunha das mobilizacións precedentes
Foto: CIG

Infogauda / Galiza

 Con motivo da segunda xornada de folga nas residencias privadas e centros de día en demanda dun convenio digno, a CIG ten convocadas as seguintes mobilizacións para este martes, 22 de abril: 

A Coruña: ás 12h na residencia Padre Rubinos. 

Lugo: ás 11h na residencia de Ribeiras de Lea (Outeiro de Rei). 

Ourense: ás 11:30 na residencia DomusVi Pereiro. 

Pontevedra: ás 18h na residencia DomusVi (rúa Loureiro Crespo). 

Santiago de Compostela: ás 15:30h

Vigo: ás 12h na sede de DomusVi (rúa García Barbón 60) e ás 18h manifestación dende a residencia Sanitas até a residencia Bouco. 

Vilagarcía de Arousa: ás 12h na residencia Divina Pastora (rúa Ramón Piñeiro López).  

 A folga continuará os días 7 e 21 de maio e o próximo sábado, 26 de abril, está convocada unha manifestación nacional en Compostela con saída ás 11h da Alameda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario