20 de abr. de 2025

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES DE CAMPOSANCOS ACOLLE UN CURSO DE ZANFONA NOS LOCAIS DA SÚA CASA SOCIAL  


Diferentes modelos de zanfonas
Foto: Cedida

Redacción / Camposancos

 Por iniciativa dun grupo de veciños e veciñas interesados na aprendizaxe de zanfona - que a Real Academia Galega (RAG) define como instrumento musical de corda con teclado, que funciona mediante unha manivela que fai xirar un disco de madeira impregnado en resina que ao fretar as cordas produce o son -, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos acolle nos locais da súa Casa Social un curso sobre este instrumento, que imparte o profesor Vítor Soto e que se vai extender nos vindeiros meses.  

 Vítor Soto é diplomado en Maxisterio musical e técnico nas Ensinanzas  Profesionais de Música, na especialidade de Gamba, e entre otras tarefas imparte aulas de zanfona desde hai vinte anos na escola da Fundación Bandas de Gaita da provincia de Pontevedra. 

 O curso desenvólvese en horario de 16:30 ás 19:30 horas, en xoves alternos, e acolle dous grupos, un de ensinanzas básicas e outro avanzado e está aberto a novas incorporacións de quen poida estar interesado en aprender a tocar este instrumento da nosa cultura tradicional. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario