MÚSICA E PALABRAS
• Este venres, día 4 de abril, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
Este venres, 4 de abril de 2025, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, celebrarase unha nova edición de Música e Palabras.
Música e Palabras, é un evento aberto a toda á cidadanía, onde aquelas persoas que así o desexen, poden declamar - ou ler -, algún parágrafo dun texto literario previamente escollido; recitar poesías da súa autoría - ou doutros autores -; interpretar unha peza musical; ler un relato breve,..., entre outras moitas posibilidades. Todo iso, nun ambiente de grata convivencia e amizade.
O salón de Casa de Montes - como oportunamente referíunos José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos -, estará aberto para todas as persoas que desexen escoitar música en directo, ou subir ao estrado a ler unha poesía.
Calquer aportación cultural, ofrecida de xeito respectuoso, contará coa entusiasta acollida das persoas que adoitan asistir a celebración de Música e Palabras, e que, por certo, non escatiman os merecidos aplausos como premio as respectivas achegas. Entre elas, a da cantautora María José Baz Martínez, que coa súa guitarra pon á música en vivo, como sutil pano de fondo de cada aportación literaria.
Esta nova sesión de Música e Palabras ben pode ser un fermoso xeito de saudar a estación primaveral que estamos vivindo, e que en Camposancos, exprésase na beleza da súa incomparable biodiversidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario