2 de abr. de 2025

A GUARDA

AUTOBUSES DESDE A GUARDA Á MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA O 6 DE ABRIL



Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda

 A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, súmase á manifestación convocada por SOS-Sanidade Pública e fai un chamamento á sociedade a participar nela o próximo domingo día 6 de abril en Santiago de Compostela. Sairán autobuses desde A Guarda e todas aquelas persoas que queiran utilizar este servizo poden anotarse no teléfono 986 610 465.    

 Para reivindicar máis atención primaria, máis atención hospitalaria e máis sanidade pública, SOS-Sanidade e as plataformas en defensa da sanidade, esixen o incremento sanitario público, elaborar un Plan de saúde galego que adapte os recursos ás necesidades, recuperar os servizos privatizados pola Xunta de Galiza do PP e potenciar a saúde pública para combater os riscos e as epidemias na saúde, en definitiva máis calidade para a nosa sanidade pública.

 Teléfono Fin: 607 48 58 14 

 Teléfono Xosé Manuel: 676 22 10 35

Ningún comentario:

Publicar un comentario