1 de abr. de 2025

A GUARDA

A obra teatral ‘Villa Marabilla’ trae unha reflexión sobre a vida rural a través da fantasía

 Este sábado 5 de abril, ás 20:00h,  no Centro Cultural




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda continúa con teatro afeccionado nesta primavera. Desta volta, chega á vila guardesa a obra “Villa Marabilla”, da Aula de teatro do Rosal. A obra será posta en escea, este sábado 5 de abril, ás 20:00h,  no Centro Cultural.   

 Este grupo preséntanos a viaxe de Alicia nun país de marabillas, na procura de identidade, das raíces e do tempo. Todo isto invitaranos a facer unha reflexión sobre a vida no rural a través dun universo de fantasía.  

 Baixo a dirección de Artística Teatro e Danza, baséanse en textos de Paula Carballeira, Celso Emilio Ferreiro, Jesús Castro Yáñez, Rosalía de Castro e Edmond Rostand. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario