11 de mar. de 2025

O ROSAL

 CONCERTO DE PRIMAVERA 

  O sábado 15 de marzo ás 19:30h, no Auditorio Municipal do Rosal




Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

 A asociación Agrupación Musical do Rosal ten o pracer de convidarvos ao seu tradicional Concerto de Primavera, que terá lugar o sábado 15 de marzo ás 19:30h, no Auditorio Municipal do Rosal.  

 Este evento contará cun programa especial que dará comezo coa actuación do Coro Infanto-Xuvenil AMDOR, que interpretará as pezas coas que participará no I Concurso Coral Infantil e Xuvenil organizado por ACOPOVI. Este certame celebrarase a finais de mes no Teatro Afundación de Vigo, e confiamos en que o noso coro faga un gran papel neste prestixioso evento.  

 Na segunda parte do concerto, baixo a dirección de Javier Alonso Pérez, a banda interpretará o pasodobre Rosal de Plata, de Andrés Pérez, unha peza finalista no Concurso de Pasodobres organizado con motivo do 25º aniversario da Asociación. Ademais, o público poderá gozar de A Movement for Rosa, de Mark Camphouse, entre outras sorpresas musicais.  

 A entrada é libre e gratuíta, polo que animamos a toda a cidadanía a asistir e desfrutar desta cita musical única. Será unha tarde inesquecible de boa música e mellor compañía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario