24 de mar. de 2025

DEPORTES

 BALONMÁN FEMININO 

O Mecalia Atlético Guardés continúa contando con Carme Castro


Carme Castro
Foto: M.A.G.

Redacción Deportes / A Guarda

 Carme Castro continúa no Mecalia Atlético Guardés en 2025/2026. A chapeleira é a sexta xogadora en renovar o seu acordo co club e pasará unha segunda tempada na Sangriña. 

 A estremo chegou o verán pasado procedente da canteira do Porriño, e malia o curto período que leva na Guarda soubo facerse un oco importante no proxecto de futuro do equipo, ademais de consolidar o seu lugar na categoría elite.   No seo do Mecalia Atlético Guardés amosan súa satisfacción porque Carme continúe na entidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario