A Guarda vai acoller a presentación do libro “Los secretos de la contrainteligencia”, de Jorge Gómez
• Este venres, 28 de marzo, ás 20:30h, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
Jorge Gómez presenta o seu libro “Los secretos de la contrainteligencia”, publicado este mesmo 2025. O autor recala na Guarda pola súa conexión coa vila, lugar de procedencia da súa avoa “A Manoja” e da súa nai, Rosa Pena.
A presentación -a cargo de Roberto José Álvarez Carrero, alcalde de A Guarda e deputado provincial de Cooperación transfronteiriza e relacións institucionais - será este venres 28 de marzo, ás 20:30h, no Centro Cultural, e despois haberá un coloquio sobre os grandes problemas do mundo actual, como a desinformación.
O libro trata sobre os obxectivos que persegue a contraintelixencia e que misións realiza. Por qué é importante para o noso país, cales son os nosos inimigos e por qué debemos contar cuns servizos de intelixencia á altura das nosas necesidades de defensa e seguridade nacional.
Do CESID ao CNI; da intelixencia de fontes humanas (HUMINT) á loita pola supremacía tecnolóxica; desde a importancia crucial da seguridade nas empresas privadas ata a rivalidade entre España e Marrocos, as inxerencias rusas ou os fallos israelís ante a estratexia de Hamás.
Esta obra está repleta de casos soados como CRYPTO AG, a rede ECHELON ou Pegasus.
Jorge Gómez, asesor en seguridade e defensa, oficial da Armada na reserva e ex membro do servizo de intelixencia durante 26 anos, aclara malentendidos e confusións sobre o mundo da espionaxe, á vez que nos ofrece unha detallada análise sobre o que de verdade está en xogo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario