A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA ORGANIZA UN OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á PERCUSIÓN
• A partir de 9 anos, e sen límite de idade
Infogauda / A Guarda
Desde a Agrupación Musical de A Guarda informan o seguinte:
“Como novidade este ano estamos organizando un obradoiro de iniciación á percusión dirixido a nenos e nenas a partir de 9 anos e adultos sen límite de idade, de xeito totalmente gratuíto que comezará dentro de poucas semanas”.
As persoas interesadas en aprender a tocar instrumentos de percusión teñen unha magnífica oportunidade.
Para anotarse poden facelo mediante un WhatsApp ao teléfono 604 044 708 ou por correo electrónico ao seguinte enderezo:
agrupacionmusicaldaguarda@hotmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario