O Concello de A Guarda organiza catro andainas para este 2025
Infogauda / A Guarda
A Concellería de Eventos Deportivos, do Concello de A Guarda, volve este ano coa organización de andainas para coñecer novos lugares.
En total, serán catro andainas que se repartirán na primavera e outono do 2025. Todas elas contan con servizo de autobús para o desprazamento e guía interpretativo, polo que se establece un prezo de 20€/persoa para cada andaina.
Todas as rutas están entre os 10 e 18 kilómetros, polo que as persoas interesadas deben atoparse na condición física adecuada para realizar estes tramos e con certa dificultade polo desnivel.
A primeira andaina será o 26 de abril para realizar a primeira etapa da Vía Mariana que une Braga con Muxía, polo que se percorrerá a localidade portuguesa.
Un mes máis tarde, o 24 de maio, percorrerase o interior da provincia de Pontevedra, co ruta do río Xesta e a fervenza do río Oitavén, no concello da Lama.
Antes do remate do verán, o 13 de setembro, retomaranse as saídas cun roteiro por Lobios (Ourense) para desfrutar deste paisaxe de interior.
Para pechar a actividade, o 11 de outubro, farase unha ruta pola Serra do Galiñeiro na que se poderá visitar a Cova da Becha e os petróglifos de auga da Laxe.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición establécese do luns 17 ao venres 28 de marzo. O martes 1 de abril informarase as persoas interesadas da lista de admitidos.
Máis información e inscrición na Casa dos Alonso (terceira planta) ou ben a través do correo electrónico en turismo@aguarda.es ou no teléfono 986 614 546, aínda que se priorizara a inscrición presencial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario