FÚTBOL
ABERTAS AS INSCRICPIÓNS PARA AS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN
• Organizadas polo R.C. Celta, coa colaboración do Concello de A Guarda e do Sporting Guardés
Redacción Deportes / A Guarda
Están abertas as inscricións para as xornadas de tecnificación de Semana Santa do R.C. Celta que durante 3 días levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: luns 14, martes 15 e mércores 16 de abril.
Entre as sedes confirmadas, está á de A Guarda.
Anímache a gozar do teu deporte favorito adestrando segundo a metodoloxía da canteira do R.C. Celta, equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de mozos xogadores tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional.
Un agasallo de Semana Santa excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do fútbol e do R.C. Celta.
As prazas son limitadas así que non dubides en anotarche canto antes para asegurarche o teu posto e gozar ao grande do fútbol da man do R.C. Celta e os seus adestradores. As inscricións estarán abertas ata o venres, 11 de abril, ás 12:00h. A través da propia web do R.C. Celta poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario