4 de mar. de 2025

A GUARDA

As gravacións de Canal 50 serán dixitalizadas 

•  Para a súa conservación histórica   


O alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, xunto con dúas persoas funcionarias municipais, recollendo de mans de José María Salcidos González,  as gravacións das emisións de Canal 50  
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Trinta anos despois do comezo de emisións da televisión local Canal 50, as gravacións dos seus programas emitidos en sistema analóxico serán dixitalizadas pola Deputación de Pontevedra.   

 O Concello de A Guarda actuou de intermediario para a conservación desas cintas, que comprenden desde o comezo das súas emisións en agosto de 1994 ata o final das mesmas a comezos dos anos 2000. Ademais, a documentación relacionada pasará a formar parte do arquivo tras o seu tratamento e clasificación. 


Equipo executivo de Canal 50
Foto: Cedida
 

 Entre esta documentación, atopáronse fotografías -como a que reproducimos - de 1994, dos primeiros meses de funcionamento de Canal 50. Na parte superior aparecen (de esquerda a dereita): Juan Alberto Santos Carrero, Antonio Cividanes Gómez, Manuel Ángel de la Peña Fernández, José María Salcidos González e Juan Ángel Rodríguez González. Abaixo están (de esquerda a dereita) Daniel Álvarez Alonso, Apolinar González Portela, Manuel Fernández Gómez, Manuel Álvarez Alonso e Manuel Santos Trigo.  

 Canal 50 caracterizouse pola emisión - os venres pola noite - dun programa informativo semanal, así como entrevistas; retransmisión do desfile tradicional do sábado das Festas do Monte Santa Trega, e tamén polos partidos do Sporting Guardés e da U.D. Ribera. Agora, grazas á dixitalización e conservación das gravacións poderemos coñecer mellor a historia guardesa, sobre todo, nos anos 90. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario