3 de mar. de 2025

DEPORTES

ATLETISMO

ÁLEX SIERPES PEREIRA, CAMPIÓN DE ESPAÑA 2025

•  Dos 3.000 metros baixo cuberta, na categoría Sub18 


 Álex Sierpes Pereira - no centro do podio - con Pere Mas Ferrus - a esq. da imaxe -  e Guillem Cuarteto Sans
Álex Sierpes Pereira coa súa medalla de ouro que acredítao como campión de España dos 3.000 metros, baixo cuberta, na categoría Sub18


Redacción Deportes / A Guarda

 Esta pasada fin de semana, os días 1 e 2 de marzo, as instalacións do Palau Velòdrom Lluís Puig, de Valencia, acolleron o Campionato de España Indoor Sub18 federado, onde se puideron ver os mellores atletas do ámbito nacional con mínima establecida pola Real Federación Española de Atletismo, para poder acceder a participar no mencionado campionato. 

 Nese evento deportivo participaron 557 atletas e entre eles atopábase Álex Sierpes Pereira, o puro sangue do Baixo Miño, o cal participou a última hora da noite do pasado sábado, na proba dos 3.000 metros. 

 Sierpes presentouse en liña de saída coa mellor marca mínima 08:13.89 e era un dos claro favoritos para levar o título e a vitoria na proba longa do campionato. 

 Álex Sierpes saíu liderando a proba de principio a fin, onde puxo a todos en fila, facendo unha carreira memorable, parando na liña de meta cos brazos en alto, cun tempo de 08:23.29, proclamándose campión de España de pista cuberta Sub18, levándose o título da tempada 2025. A maiores logrou outra gran fazaña de éxito, xa que estableceu récord do Campionato por partida dobre arrebatándollo a Ait Alibou Lahcen: Pero non quedou só así, senón que 5 atletas fixeron mínima marca persoal, certificando o alto nivel da proba. 

 No pódium acompañouno coa prata o atleta Pere Mas Ferrus cun rexistro de 08:24.24, para pechar co bronce, Guillem Cuarteto Sans, con 08:32.92. 

 Desta maneira Sierpes finaliza o campionato nacional da súa respectiva categoría de forma brillante, baixando o pano invernal baixo cuberta tal como empezouno, conseguindo vitorias en grandes campionatos, rompendo récords, establecendo mellores plusmarcas, cualificándolle, apuntando que foi unha das mellores pretemporadas da súa vida atlética. Demostrando na súa curta etapa baixo teito, que fixo unha gran preparación invernal, acrfeditando que é toda unha referencia do atletismo español.

 Dese xeito, o fenómeno Álex Sierpes Pereira, proclámase novamente eterno, no Campionato de España Sub18 de carreira curta, con récord do Campionato incluído, na súa conta deportiva. 

 O atleta guardés conságrase en Valencia como novo rei do atletismo español en idade xuvenil, no recente evento disputado en terras valencianas, a escasos días do comezo da época das fallas e co presente do entroido. 


Álex Sierpes Pereira co director técnico do Vicky Foods Athletics

 O galego, luciuse con brillantez unha vez máis, conquistando o Palau Lluís Puig, sendo o corredor máis rápido en concluír as 15 voltas á pista sintética curta baixo teito, facendo de embaixador das cores do equipo Vicky Foods Athletics, de Valladolid. 

 A perla guardesa, denominado así pola Federación Galega de Atletismo, como integrante da nova xeración de atletas de ouro, métese outro título máis no seu haber, incrementando aínda máis o seu currículo deportivo, encima da suma do ouro conseguido en Ourense no ano 2023, e o bronce en Sabadell no ano 2022, aínda en idade Sub16, logradas na mesma distancia e formato.  

 Moitas felicidades Álex. Desexámosche que sigas conseguindo títulos para O Baixo Miño (Tomiño, O Rosal e A Guarda).

Ningún comentario:

Publicar un comentario