21 de mar. de 2025

A GUARDA

O Concello prepara un novo campamento Conciliaguarda para esta Semana Santa 

•  Realizarase durante os días 14,15,16 e 21 de abril de 9:00 a 14:00h, aínda que a xornada pode estenderse de 8:30 a 14:30 para as familias que así o soliciten

  


Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda organiza para as vacacións escolares de Semana Santa un campamento cheo de actividades de ocio e lecer.  Son gratuítas, e teñen como obxectivo facilitar a conciliación da vida persoal e laboral no período non lectivo.  

 O campamento realizarase durante os días 14,15,16 e 21 de abril de 9:00 a 14:00h, aínda que a xornada pode estenderse de 8:30 a 14:30 para as familias que así o soliciten.   

 A partir do luns 24 de marzo, pódense solicitar algunhas das 30 prazas ofertadas para crianzas escolarizadas de 3 a 10 anos, empadroadas no Concello de A Guarda.  

 Para inscribirse hai que encher a ficha de inscrición da web e entregala no Rexistro de xeito presencial, ou a través da sede electrónica xunto unha instancia xeral. O prazo pecharase o 3 de abril.  

 A  listaxe de persoas admitidas será publicado na web do Concello e aparecerá codificado co número de rexistro da solicitude, polo que resulta importante conservar o comprobante da presentación da mesma.  

 De superar o límite de prazas, realizarase un sorteo público o día 8 de abril ás 9:00h na Casa dos Alonso. En caso de prazas vacantes, poderán participar crianzas doutros concellos.  

 Esta actividade está financiada con cargo aos créditos da Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.   

 Máis información en informacion@aguarda.es e na OMIX do Concello de A Guarda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario