Érguete Baixo Miño continúa impartindo diversos Programas de Prevención das Adiccións nos Centros Educativos
Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño continúa co seu programa de prevención de condutas adictivas nos centros educativos da comarca do Baixo Miño coa finalidade de previr as conductas aditivas.
Ao longo deste curso escolar realizáronse diferentes obradoiros con contidos diferentes e adaptados á idade do alumnado ao que estaban dirixidos, sobre todo incidindo nas seguintes temáticas:
• Habilidades emocionais: empatía, manexo de emocións e sentimentos e xestión de tensións e estrés - atención plena da realidade.
• Habilidades sociais: comunicación asertiva, relacións interpersoais e manexo de problemas e conflitos.
• Habilidades cognitivas: autocoñecemento, toma de decisións, pensamento crítico e creativo.
• Prevención e redución de riscos: adiccións con e sen sustancias e habilidades de afrontamento.
Os centros educativos participantes ata o momento neste curso escolar, aos cales queremos agradecer a súa implicación e participación para a traballar estes temas tan importantes na escola foron: CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal; CPR San José e IES A Sangriña, de A Guarda; CEIP de Sobrada e IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño.
Estas actividades atópanse dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño ofrece de forma continua no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte do alumnado aos que vai dirixido e están financiadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e polas cotas das/os socias/os da Asociación.
A Asociación Érguete Baixo Miño leva traballando anos, dende 1990, en plans de prevención das conductas aditivas e en educación e promoción da saúde. Estas accións son impartidas por María Jesús Rodríguez, educadora social con ampla experiencia nesta área.
Ningún comentario:
Publicar un comentario